Public Funding 2017 (Fondos Públicos 2017)
Igalia participa nun proxecto de internationalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Programa Galicia Exporta Empresas 2017.
Programa Galicia Exporta Empresas 2017
Como apoio ao proceso de internacionalización, Igalia, ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa
O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.”
- Data de resolución da concesión: 10 de Outubro de 2017.
- Data de publicación no DOGA: 19 de Outubro de 2017.
- Norma Reguladora: Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG nº 48, do 9 de marzo), publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria, por trámite anticipado de gasto, en réxime de concorrencia competitiva.
- Órgano concedente: IGAPE. Instituto Galego de Promoción Económica
- Financiamento: Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
- Orzamento subvencionable: 47250€
- Subvención concedida: 33075€
- Nome do proxecto: Accións de promoción exterior da empresa IGALIA, S.L. en 2017.
- O proxecto consiste en: Actuacións de promoción - Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos ou promocionais organizados por terceiros fóra de España. E elaboración de material promocional.
-
- Asistencia ó Open Networking Summit 2017 con booth
- Asistencia a Automotive Linux Summit 2017
- Open Source Summit North America 2017
- Open Source Summit Europe 2017
- Asistencia e booth en Embedded Linux Conference 2017
- Asistencia a IBC 2017 con booth
- Finalidade da subvención: O obxectivo destas bases é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.