Creating an Urban Forest
"Igalia is partnering with Galnus and the City Council of A Coruña to reforest part of its home city"
Igalia, in partnership with Galnus, has facilitated the signing of an agreement with the City Council of A Coruña to implement an ambitious project: the creation of an Urban Forest in Bens, within the city limits.
Igalia, an international software consultancy specialized in Open Source technologies, was founded in A Coruña more than 20 years ago and the company’s headquarters remain in the city today. As a company, we are deeply committed to social and environmental values, and this commitment has led to various reforestation projects in several areas of Galicia, the region of Spain where A Coruña is located. These initiatives have been made possible through collaboration with Galnus, Igalia’s main partner in environmental initiatives and a specialist in reforestation.
Galnus is a Galician company that specializes in the reforestation of native forests. They played a crucial role in this effort by leveraging their extensive experience in ecosystem restoration and biodiversity promotion.
The previous collaborations between Igalia and Galnus include reforestation of the communal lands of Rois, the restoration of the Atlantic rainforest in the Fragas do Eume Natural Park, and the recovery of riparian forests along the areas of river Lambre and Esmelle. Currently, efforts are also underway to restore 7 hectares in the Courel area affected by the 2022 wildfire. Given Igalia’s strong ties to the city of A Coruña, pursuing a project with the city had long been a priority. Since the beginning of the two companies collaborations in 2019, we have been working on a proposal for an urban forest, and we celebrate the agreement with the City Council as the first concrete step.
Urban Forests are a widespread concept in many countries, where large forested areas, primarily composed of native species, are managed with minimal human intervention to allow natural evolution. These spaces not only contribute to the conservation of biodiversity and ecosystems but also offer citizens ideal settings for recreational, sports, and nature-related activities.
In the case of A Coruña and its wider metropolitan area, there is a significant lack of urban forests or native woodlands. This project represents an opportunity to recover the native Atlantic forest in the region. It marks an ecological milestone for local ecosystem restoration and showcase Galician biodiversity.
The plan developed by Galnus includes several implementation phases over the coming years. Igalia will take the lead in this initial phase with the planting of the first 3000 trees. The creation of a forest is a long and slow process, and although Igalia will remain an involved and active participant in the coming phases, the forest will greatly benefit from the involvement of other companies and organizations. Therefore, Igalia and Galnus encourage collaboration from different stakeholders, whether from the business sector, institutions, or civil society.
We are convinced that this project not only fosters sustainable development but also strengthens collaboration between businesses and local communities for the benefit of the environment. This is an exceptional opportunity to create a positive and lasting impact on the protection of ecosystems and biodiversity in Galicia.
Igalia, en colaboración con Galnus, acaba de impulsar a sinatura dun acordo co Concello da Coruña para levar a cabo un ambicioso proxecto: a creación dun Bosque Urbano en Bens, dentro do termo municipal da cidade.
Igalia é unha consultora internacional de software especializada en tecnoloxías de código aberto e foi fundada hai máis de 20 anos na Coruña, onde hoxe continúa estando a sede da empresa. Somos unha organización con un forte compromiso con valores sociais e medioambientais, e foi este compromiso o que deu lugar a varios proxectos de reforestación en varias áreas de Galicia. Estes proxectos foron posibles grazas á colaboración con Galnus, socia de Igalia en traballos medioambientais e experta en reforestación.
Galnus é unha empresa galega especializada na reforestación de bosques autóctonos. Tiveron un papel decisivo nesta tarefa pola súa ampla experiencia na restauración de ecosistemas e promoción da biodiversidade.
As colaboracións anteriores entre Igalia e Galnus inclúen a reforestación dun monte comunal en Rois, a restauración do bosque atlántico no Parque Natural das Fragas do Eume, e a recuperación de bosques de ribeira nas zonas do río Lambre e Esmelle. Actualmente tamén se está a traballar en restaurar 7 hectáreas na zona do Courel afectada polo incendio de 2022. Debido ao forte vínculo que Igalia ten coa Coruña, facer un proxecto na cidade foi sempre unha prioridade. Dende o comezo da colaboración entre as dúas empresas en 2019 estivemos a traballar nunha proposta para un bosque urbano, e celebramos este acordo co concello como os primeiros pasos concretos.
Os Bosques Urbanos son un concepto extendido en moitos países, onde grandes áreas forestais, compostas principalmente de especies autóctonas, son xestionadas con mínima intervención humana para permitir a súa evolución natural. Estes espazos contribúen non só á conservación da biodiversidade e os ecosistemas senón que tamén ofrecen aos cidadáns un entorno ideal para o deporte, o lecer e o contacto coa natureza.
No caso da Coruña hai unha falta significativa de bosques urbanos, que se suma á carencia de bosques autóctonos na área municipal. Este proxecto representa unha oportunidade para a recuperación do bosque autóctono atlántico na zona. Marca un fito ecolóxico para a restauración do ecosistema local e é unha mostra da biodiversidade galega.
O plan desenvolvido por Galnus ten prevista unha serie de etapas de implementación nos anos vindeiros. Igalia liderará esta fase inicial na que serán prantadas 3000 árbores. Con todo, a creación dun bosque é un proceso longo e gradual, e aínda que Igalia continuará a se implicar de forma activa nas seguintes fases, o bosque beneficiaríase da participación doutras compañias e organizacións. Por este motivo, Igalia e Galnus animan á colaboración de diferentes actores, tanto do ámbito empresarial como do institucional e da sociedade civil.
Estamos convencidos de que este proxecto non só impulsa o desenvolvemento sostible senón que tamén fortalece a colaboración entre empresas e comunidades locais en prol do medio ambiente. É unha grande oportunidade para xerar un impacto positivo e duradeiro na protección dos ecosistemas e a biodiversidade en Galicia.